REMATAMOS O NOSO PROXECTO DOS INVENTOS!!!!

Esta semana facemos as dúas últimas actividades  sobre o proxecto dos inventos. 
PRIMEIRO facemos a nosa propia tele e nos convertemos en presentadores por un día , presentando o noso invento favorito.




Tamén  María e Álvaro voltaron para ensinarnos a facer papel. Seguimos todos os pasos necesarios e empregamos o material que fai falla para conseguilo. Estivemos coas mans na masa.






Nestes tres meses traballamos un montón e aprendimos moitas cousas sobre os inventos e como evolucionou o ser humano e todo o que o rodea. Pero sobre todo experimentamos e gozamos aprendendo.!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario