PAPIROFLEXIA NA CLASE
VISITA DE CHUS 


Este semana Noelia foi a pitufina da clase , axudou moito ordenando , repartindo e portouse xenial . Por iso o venres a súa mamá María Jesús, aínda que todo o mundo lle chama Chus, veu visitar a nosa clase .
Non só nos contou cousas de Noe cando era pequerrecha senón que fixemos unha actividade chulísima que non fixeramos nunca , nin a profe tampouco. Fixemos Papiroflexia e traballamos con servilletas de papel para facer unha rosa preciosa de cor vermello que cada un levou  para a súa casa.
Pasámolo moi ben e Chus axudounos moito a terminar a nosa flor, tivo moita paciencia !!!!!!!!!!! GRACIAS POR VIR 










 







No hay comentarios:

Publicar un comentario