A VISITA DE NELY!!!




 A VISITA DE NELY !!!1

Alex disfrutou esta semana de ser o papá pitufo de clase  e por iso este venres a súa mamá apareu na clase dos pitufos para facernos unha visita moi especial .
Ensinounos unhas fotos das ecografías de Alex cando era pequerrecho e estaba ainda na barriga da súa mamá,  e tamén videos de cando naceu. Qué gracioso era Alex, non paraba de rir e mover os pés e daba moitas moitas voltas !!!!


Tamén vimos roupa de cando era bebé: patucos , bodys, pizxamas , bonecos , mordedores, teteiros,.... E gustounos moito ver a pulsera que levaba Alex no hospital cando naceu e parte do seu cordón umbilical.
















Tamén con motivo da chegada primavera fixemos unhas bolboretas con pinzas da roupa e papel celofán decoradas con moitas boliñas de cores. Tardaron moito en secar por iso  xa vos ensinaremos o resultado final. 




Para rematar Nely contounos un conto antes de marchar para casa e por portarnos tan ben nos deu un agasallo moi orixinal : uns contos diminutos que podemos levar a donde queiramos  Nely ten que vir máis veces á clase , pasámolo xenial cando nos veñen a visitar as mamá e os papás !!!!! GRAZAS 





1 comentario:

  1. Eu sí que o pasei xenial!!!
    Foi un pracer visitarvos agardo repetilo!!
    Bikiños para tódolos pitufos :-*

    ResponderEliminar