DÍA DA ÁRBORE


O  día 23 de mayo festexamos o día da árbore. A Asociación de Montes de Cabral convídanos a pasar este día tan conmemorativo pa eles  no monte preto do Colexio Saladino Cortizo , como todos os anos.

Este ano as inclemencias do tempo fixeronnos ter que improvisar e facer o baile e os xogos dentro do pabillón deste centro na grata compaña de todo o seu alumnado, sen dúbida unha experiencia única que ben soubemos aproveitar para que os nenos se relacionen entre eles e aprecien e valoren a diversidade.

Invitáronnos a merendar e cando o tempo o permitiu  salimos fóra. O alumnado de 5º e 6º plantaron unha árbore en representación do noso centro escolar . Despois soltamos polo monte uns coellos e unhas codornices, actividade que os nenos sempre lles encanta.


SEN DÚBIDA UNA EXPERIENCIA MARABILLOSA ! 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario