Por qué uns obxetos flotan e outros se sumerxen?Moitas son as razóns: peso , densidade , tamaño , material .... Por iso, aínda que é moi complexo de explicar , as profes e todos os nenos de infantil fixemos un experimento no patio probando diferentes materiais para saber se flotaban ou polo contrario se sumerxían:
corcho,plástico, aceite, gomas , cds, lápices, madeira....
Aproveitamos tamén a ocasión para coñecer diferentes cunchas de algúns crustáceos como a vieira, as ostras , as almexas e algúns outros fósiles incribles como os ovos de manta raia ou de quenlla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario