ILLAS CÍES, UN PARAISO



Os nenos de infantil fixemos unha excursión de fin de curso ás Illas Cíes. Tivemos a sorte de que os nosos papás , mamás e demais familiares nos puideron acompañar. 

Collemos o barco no porto e puidemos ir arriba de todo .Vimos máis barcos , a estela , as bollas , lanchas motoras, veleros...








Primero en compaña dunha guía nos convertemos en " Exploradores de Cíes" e visitamos as dunas de área (onde viven as crías de gaivotas), as árbores voadoras, coñecemos o lago e os peixes que alí habitan , e nos interesamos pola xente que hai tempo atrás viviu na illa.






Gozamos dun día en familia comendo todos xuntos á sombra nun merendeiro. 



 


Logo pasámolo bomba na praia  todos xuntos. Sen dúbida un día inolvidable para todos.



Grazas a todos os pais por axudarnos nesta saída e facer caso das instruccións que se vos derán na reunión anterior. Moitas grazas !!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario