O DÍA 23 DE ABRIL FESTEXASE EN TODO O MUNDO O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
NO CEIP O SELLO NON IBAMOS A SER MENOS .
AO LONGO DE TODA A SEMANA FIXEMOS UN MERCADILLO SOLIDARIO " A LECTURA TAMÉN ALIMENTA " 1KG DE COMIDA= 1 LIBRO. RECAUDAMOS 2015 KILOS DE ALIMENTOS QUE FORON ENTREGADOS BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO GRAZAS A COLABORACIÓN DE TODOS OS RAPACES E AS SÚAS FAMILIAS .
O DÍA 23 NA BIBLIOTECA FESTAXEMOS O DÍA CA INICIATIVA " AS MESTRAS TAMÉN SABEN IDIOMAS ".
A PROFE CHUS CONTOU UN CONTO EN CASTELÁN QUE NOS ENAMOROU A TODOS E QUE VOS RECOMENDO DENDE AQUÍ. AS ILUSTRACIÓNS SON INCRIBLES.
AS PROFES OLGA E MARINA COA AXUDA DOS SEUS ALUMNOS REPRESENTARON O CONTO DE " LE PETIT CHAPERON ROUGUE" ( CARAPUCHIÑA) EN FRANCÉS.
A TEACHER GUS INTERPRETOU CON ALUMNOS DE TODO O COLE A OBRA DE TEATRO " THE VAIN LITTLE MOUSE " ( RATIÑA PRESUMIDA).
A PROFE MAIJO CONTOU UN ANACO DO CONTO DE " PINOQUIO" EN ITALIANO E VIMOS UNHA CANCIÓN NO MESMO IDIOMA.
FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS , E NON VOS ESQUEZADES QUE A LECTURA ALIMENTA EN TODOS OS SENTIDOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario