Hoxe ao chegar a clase encontrámonos cunha caixa un tanto peculiar , chea de debuxos rupestres e con obxetos un tanto curiosos. A caixa ía acompañada dunha notiña con algunhas instruccións curiosas.
Osos, traxes de prehistóricos e cachiporras (así di Héctor que se chaman) . A nota viña escrita por BUM BUM un cavernícola que nos acompañará na nosa aventura para coñecer a prehistoria.
BUM BUM mándanos cumplir tres probas importantes para poder conservar a caixa prehistórica co que leva dentro.
1. Visitar a biblioteca do cole e buscar libros e contos sobre a época prehistórica
2. Facer unha excursión polo cole recolectando pedras e paus como cavernícolas.
3. Crear a nosa propia cova prehistórica para a clase.
Seremos capaces de levar a cabo todas estas probas???
No hay comentarios:
Publicar un comentario