OS DINOSAURIOS CHEGAN A NOSA CIDADE!!!!!
Hoxe os nenos de Infantil e 1º ciclo de Primaria visitamos a exposición de dinosaurios que se encontra no IFEVI. Contábamos con pasalo ben , pero a verdade é que foi moito máis do que esperábamos. Fomos moi valentes e non tivemos medo, e iso que os dinosaurios eran moi terroríficos.
Convertémonos en paleontólogos e buscamos fósiles de dinosaurios e tamén fixemos debuxos das especies que coñecemos. Queredes votar unha ollada???
Se queredes repetir non o dubidedes , a exposición estará ata o día 19 de xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario