UNHA VISITA MOI ESPECIAL!!!
Un dos inventos que cambiou a historia foron as lupas e os microscopios. Tivemos a sorte de contar coa visita de María e Álvaro os papás de Antón de 5 anos , que son científicos.
Trouxeron lupas e microscopios con mostras que puidemos observar: insectos, polen ....
Tamén nos mostraron un telescopio onde puidemos observar dende a clase o monte de Cabral.
Tamén puidemos utilizar prismáticos de corto e alto alcance e apreciar a diferencia co telescopio.
Foi toda unha experiencia e aprendimos moitas cousas. Ó mellor algún día cando seamos maiores tamén nós seremos científicos !!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario